
O PESCADOR E OS PRÍNCIPES
Érase unha fermosa e xoven raíña que tivo o seu primeiro fillo estando o seu home ausente. A nai do rei, que era unha vella bruxa, puxo o cativo nun cofre e tirouno ao río, logo de deixar no berce un gato. Como ó día seguinte todos se sorprenderon, a bruxa, que odiaba a súa nora, fixo correr a voz de que esta era unha malvada feiticeira.
Ao ano seguinte a raíña tivo unha cativa branca e loura e a bruxa cambiouna por unha gata, tirando a cativa noutro cofre.
O rei púxose en contra da súa esposa e todos no reino retiráronlle o afecto que sentían por ela. Pero sucedeu que na noite na que a vella tirou o neno ó río , un pescador que estaba coa súa cana recolleu o cofre e levouno a súa casa.
-É un cativo precioso- dixo a súa muller- Debemos quedar con el xa que nos non temos fillos.
Debaixo da roupa, apareceu un montón de moedas de ouro. A criatura tiña tres cabelos de ouro na caluga e por iso lle chamaron Cabelos de Ouro. O diñeiro gardaríano para o neno.
Cando a raíña nai tirou a nena ó río , tamén o pescador estaba alí, na beira e recolleu o cofre. O pescador dixo:
-Etas criaturas parécense moito. Deben de ser irmáns. ¿ Tamén imos quedar coa nena, verdade?
A muller non desexaba outra cousa . Como esta tamén tiña tres cabelos de ouro na caluga puxéronlle por nome Luceiro de Ouro.
Os nenos medraron fortes e fermosos , ata chamaban a atención da xente. Pasaron xa varios anos , cando o rapaz falou co pescador e coa súa muller.
- A xente da aldea di que non somos fillos vosos. ¿e verdade?
O matrimonio era moi honrado e confesoulle a verdade e como o home os sacou do río. Despois ensinoulles a roupa que levaban e o ouro do cofre.
-Fostes moi bos e querémosvos moito- dixeron os nenos- pero queremos buscar os nosos verdadeiros pais.
Co diñeiro que era deles puxéronse en camiño preguntando por aquí e acolá pola súa orixe, a cal ninguén coñecía. O fin, na cidade onde estaba o palacio real , compraron unha casa coa súa horta. Tanto a coidaron que se fixo famosa pola súa beleza.
A fermosa raíña , ó oír falar de Cabelos e Luceiro de Ouro , pensou que debían de ser os seus fillos , pois encargouse de vestilos en canto naceron e viu aqueles sinais. . Tamén a malvada raíña sospeitou que debían ser netos seus e , coa idea de perdelos , foi facerlles unha visita. Lavou as árbores do xardín , pero díxolles:
- Ë unha bágoa que non teñan campaíñas. Na montaña de alí en fronte está cheo delas . Deberiades de ir buscalas, xa que é único que vos falta.
- Pois iremos- dixo o cativo.
A raíña marchou cunha gran alegría.
A Cabelos e Luceiro de Ouro ilusionáballes ter campaíñas para as súa árbores , e o cativo decidiu ir buscalas. Pouco podían imaxinar que a montaña encantada e calquera que estivese en ela moito tempo quedaba convertido en árbore.
Luceiro quería ir co seu irmán , pero el convenceuna de que volvera rápido. E, moi cedo, marchou para a montaña, quitou unha campaíña a unha árbore e logo marchou a correr montaña abaixo todo o que lle daban de si as súas pernas.
Unha vez na casa , colgaron a campaíña nunha das súas árbores e a horta encheuse de bonitos sons.
A vella raíña fíxolles outra visita .
- Que ben soa a vosa campaíña. Xa o tedes todo , pero, fáltanvos peixiños de ouro para a vosa lagoa.
- - ¿ Onde os poderíamos atopar?- preguntou o cativo.
- Na lagoa que hai naquel monte.
- Terémolas. Mañá mesmo irei – dixo cabelos de ouro.
A vella marchou.
Moi cedo, Cabelos de Ouro saíu da casa. Percorreu o monte, recolleu os peixiños e volveu xunto súa irmá.
Aquela noite deixaron os dous peixes na lagoa e a mañá seguinte ¡ oh, sorpresa ¡ Multiplicáronse e as augas iluminaban polo seu resplandor. A malvada vella estaba asombrada de que o cativo volvera salvo do monte. Enfadada, decidiu perder os cativos como fose e fíxolles outra visita ocultando a súa intención.
- A vosa lagoa está preciosa. Xa o tedes todo, menos o paxaro da verdade, que se atopa na última sala do palacio da montaña
- Conseguirei ese paxaro – decidiu Cabelos de Ouro.
Luceiro quixo parar ó seu irmán, xa que tiña un mal presentimento. O rapaz, decidiu ir a pesar de todo, e marchou.
Nesta ocasión entretívose mirando para as árbores e logo cada unha das salas do palacio, cheas de marabillosos obxectos, Sen darse conta , perdeu moito tempo. Por fin, entrou na sala onde se atopaba o paxaro da verdade, ó estirala man para collelo... desfíxose nunha chuvia de cristais.
Luceiro de Ouro esperou a seu irmán durante todo o día e toda a noite. Pola mañá , entrou no xardín encantado, pero esa busca non serviu de nada. Marchou para a súa casa chorando, cando de súpeto viu a unha muller, de bo corazón, que lle dixo:
-Corre ó palacio sen parar nin un momento nin virar a cabeza. Recolle os cachos de cristais que verás polo chan , logo colle o paxaro e volve inmediatamente a túa casa. Así salvarás a teu irmán. Luceiro de Ouro seguiu aqueles consellos : atravesou o xardín e as salas do palacio e o chegar a última, recolleu os cachos de cristais, que botou nos bolsos da saia , despois colleu o paxaro da verdade e marchou correndo.
O saír do xardín caéronlle os cristais. En nun abrir e cerrar de ollos , convertéronse nunha morea de rapaces, entre os cales se atopaba seu irmán. Inmediatamente volveron para a súa casa.
Na cidade todo o mundo falaba daqueles fermosos rapaces e as marabillas que tiñan na súa casa e moita xente ía visitalos para admiralos, o xardín , as campaíñas, os peixes e o paxaro.
Un día foron o rei e a raíña. Despois de recorrer o xardín, entraron na casa e viron o paxaro.
- Si realmente falas de verdade, dime onde están os meus fillos- pediulle a raíña.
O paxaro explicou a historia dos nenos con pelos e sinais, dicindo por último:
- E eses nenos son estes . Estes son os vosos fillos.
A alegría de todos era inmensa....
O paxaro nomeou a malvada raíña , causante da desaparición dos principiños e a ira do rei non tivo límites. Inmediatamente mandou o seguinte:
- Que tiren a esa muller ó río, metida nun cofre.
Logo os reis organizaron un alegre banquete para celebrar a volta dos seus fillos e toda a cidade foi a el e en canto os asistentes coñeceron os fermosos príncipes , comprenderon que eran dignos de ser amados.